jueves, 9 de junio de 2016

6. Os valores éticos e a súa relación coa ciencia e a tecnoloxía.


A ciencia e a técnica teñen unha poderosa influencia sobre a nosa forma de vida, posto que vivimos nunha sociedade moi tecnificada que alterou severamente, para ben e para mal, o medio físico. A ciencia e a técnica permítennos separarnos das ataduras da Natureza; axúdannos, por exemplo, a combater a enfermidade ou a vivir nun mundo con menos ameazas. Limitacións ecolóxicas O uso da tecnoloxía e a forma en que se aplica o coñecemento científico provocan efectos negativos. Vemos como aparecen algúns problemas sanitarios modernos, que antes non existían, por un uso indebido de certas técnicas. Por exemplo, o mal das vacas tolas, que se debe á alimentación de tales animais a base de fariñas cárnicas. Esta forma de alimentar ás vacas favorecía o seu rápido crecemento e, ademais, permitía o reciclado de proteínas que, doutra forma, se perderían. E é posible atopar moitos máis exemplos de problemas xerados por un uso extensivo e equivocado de certas técnicas que, finalmente, teñen efectos negativos sobre a saúde das persoas: a contaminación do aire xerada polos tubos de escape dos coches, a contaminación química que se produce na elaboración de certos bens, as afeccións que causan os procesos de xeración e uso da enerxía etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario